SALNÉS> O Portonovo deu un paso de xigante cara o ascenso logo de vencer a domicilio ó Cruceiro. Tamén gañou o Arousa no derbi ó Cambados aínda que os resultados non beneficiaron ós vilagarciáns que continúan lonxe da segunda posición.
A defensa e a orde táctica continúa a darlle moi bos réditos ó Portonovo. Se a semana pasada vencían pola mínima ó Arousa nesta fixeron o propio ante o Cruceiro e a domicilio (0-1). Foi grazas a un solitario tanto de Jorge Comesaña, mediada a primeira metade. Logo, o veterano mediocentro foi expulsado ó inicio do segundo tempo, polo que os de Rial víronse na obriga de pecharse atrás e defender a súa renta, obxectivo que conseguiron. Os pìcazos de Estradense e Porriño deixa o Portonovo con catro puntos de marxe sobre o terceiro a falta de catro xornadas para o remate. O calendario vailles ser favorable con tres encontros na casa fronte a Celanova, Sanxenxo e Caselas e co único desprazamento a Cambados na penúltima xornada.
O Arousa levouse o derbi na Lomba (3-1), aínda que os de Ricardo precisarían dunha milagre para ascender. Son sete puntos os que o separan do Portonovo aínda que poderían ser catro se a Federación falla ó seu favor no caso de alineaciómn indebida do Arenteiro. Os vilagarciáns adiantáronse no primeiro minuto de xogo cun gran gol de Álex. Puido empatar o Cambados cando o colexiado sinalou un dubidoso penalti sobre Álex Cubas, pero Kiko adivinou a dirección do lanzamento de Unai. Os de Carregal fóronse en busca do empate tralo descanso e atopáronse con el por mediación de Manu. Pero logo, co encontro aberto, o Arousa estivo máis acertado de cara ó gol e Suso e Samu deixaron os puntos na casa.
O Ribadumia acadou a súa permanencia matemática logo de superar con nota o trámite do Nogueira (4-0). Os de Carducho sabían que eran superiores ó seu rival e demostrárono sobre o céspede. Na primeira parte serían Sayar e Ramón os autores dos dous primeiros tantos. O propio Sayar e Julio redonderían a goleada tralo descanso.
O Sanxenxo despedíuse de calquera opción de ascenso en Celanova, e iso que tivo a victoria no peto cando Deivi adiantou ó seu equipo, pero a un cuarto de hora para o remate Vila reestableceu o empate para os locais (1-1).
Redacción Salnés