O Liceo asómase ó abismo e o Establecimientos Otero ó ascenso

SALNÉS> Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés que militan na División de Honra Nacional. Gañou o Establecimientos Otero e perdeu na casa o Liceo Casino, polo que os vilagarciáns complícanse a permanencia.

Cada vez a ten un pouco máis complicada a permanencia un Liceo Casino que non puido dar a sorpresa esta semana fronte ó líder do grupo, o Mataró. E iso que durante moito tempo pensouse que a victoria era posible despois dun inicio arrollador do conxunto local, coas victorias de Nigeruk e Mampel por 3-0 e 3-1, respectivamente.

Pero ata ahí chegaron os folgos dos locais que sucumbiron ante a maior calidade dos rivais. O 2-0 convertíuse nun 2-4. Mampel puido levar o partido ó séptimo punto, pero acabou caendo por 2 sets a 3 ante Xavier Peral.

No club vilagarcián levan facendo as mesmas contas toda a segunda volta. A permanencia pasaba por ter tan só dous tropezos e chegar ás dez victorias para salvarse con tranquilidade. A situación é límite polo tanto. Suman catro triunfos e quedan seis xornadas. A boa nova é que xa se enfrontaron a todos os conxuntos da parte alta da táboa.

Un deles o Establecimientos Otero que se está a consolidar como un serio candidato a meterse na fase de ascenso. De momento é terceiro e esta semana aproveitouse dos tropezos de Monteporreiro e Club del Mar para abrir oco co cuarto clasificado. Os de San Tomé venceron sen problemas ó Torrelavega, por 4-2 de novo con Kazeem Ahmed liderando o equipo, con dous triunfos, e os outros dous repartidos entre Adrián Vidal e Fernando Padín.

A liga parará para os cambadeses ata o 10 de marzo, cando recibean na casa ó conxunto que lle precede na táboa, o Leganés, que é segundo. O Liceo Casino xogará na pista do Krafft Atlético o día 11, na primeira final pola permanencia para os vilagarciáns.

Redacción Salnés