Unión, San Martín e Portonovo, á final da Copa do Futuro

RIBADUMIA> O Unión Grove proclamouse campión da quinta sé da Copa do Futuro, disputada estes días en Vilanova e Ribadumia. Xunto a eles, o San Martín de Vilaxoán e o Portonovo acadaron o seu pase á fase final que se celebrará en Arcade en de 15 días.

{flowplayer}images/salnes/CopaFuturo_010611.flv{/flowplayer} 

A Copa do Futuro Deputación de Pontevedra desembarcou estes días no Salnés na procura de tres equipos que accedesen á fase final. Nesta competición de fútbol-9 e de categoría prebenxamín participaron máis de 200 rapaces, reunidos o sábado nas instalacións do Terrón, en Vilanova, e o domingo no campo da Bouza en Barrantes, Ribadumia.

Sen ningunha dúbida, o gran protagonista foi o Unión de O Grove, que alzouse co título logo de vencer na gran final ó San Martín por 2-1. O protagonismo individual do torneo foi para o dianteiro Marcos Paz García, xogador do Vilagarcía, que foi premiado como máximo goleador ó materializar 12 tantos durante toda a fin de semana.

Tanto o Unión como o San Martín entran directamente na fase final deste campionato, que se celebrará en Arcade os días 11 e 12 de xuño. Nesa gran final tamén estará presente o Portonovo, xa que conseguiu converterse no terceiro clasificado tras superar na final de consolación ó Juventud Cambados por 5-3. Pola súa parte, o Cambados deberá agardar a coñecer se é un dos dous mellores cuartos clasificados de tódalas sés para saber se participa ou non na fase final.

O Trofeo Igualdade Coca-Cola, un premio que se concede ao equipo composto polos xogadores máis xóvenes e con máis rapazas no plantel, recaeu nesta ocasión no SD Pontearnelas B.

Á entrega de premiosacudiron entre outras autoridades a alcadesa de Ribadumia, Salomé Peña e o Deputado de Deportes, José Enrique Sotelo.

Redacción Salnés