A Pobra acollerá o I Trail de San Isidro

POBRA> A cita, que terá lugar o próximo domingo 21 de febreiro, será a segunda das probas incluídas no circuíto de carreiras Arousa-Revolutrion Trail Series. A Pobra do Caramiñal acollerá o próximo domingo 21 de febreiro o trail de San Isidro, a segunda das probas incluídas no circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series que organiza a asociación Arousa NeO e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Contará de trece quilómetros de percorrido, de gran dificultade, que se discorrerá por espazos de gran beleza paisaxística e medioambiental da vila como é o caso do río Pedras ou o val de San Isidro. Dende o concello pobrense destacaron a importancia desta proba, a primeira que se organiza na localidade destas características, que busca un dos obxectivos marcados dende Arousa Norte como é o de impulsar o turismo deportivo na natureza de gran auxe na actualidade. As inscrición xa pode formalizarse a través da web: www.arousa.com. As próximas citas do circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2016 terán lugar e en Boiro e en Rianxo.