Presentada a terceira edición do Trail ao Pico Muralla

RIANXO> A proba, organizada pola asociación deportiva Barbantia Roda, en colaboración co Concello , disputarase o próximo domingo dez de xuño. O próximo domingo dez de xuño terá lugar o III Trail subida ao Pico Muralla organizado pola asociación deportiva Barbantia Roda, en colaboración co concello de Rianxo. A proba terá unha distancia de 15 km cun desnivel acumulado de 671 metros. Este ano a organización decidiu ademais incluír unha novidade, organizando tamén unha andaina que discorrerá polo mesmo percorrido que o trail. Dende o Concello destacaron a importancia desta carreira que, ademais de fomentar hábitos de vida saudables, trata de promocionar Rianxo a nivel turístico, xa que a zona pola que discorre é dun gran atractivo. As inscricións tanto na modalidade de trail como na de andaina poderá realizarse ata o 7 de xuño, a través da web de Emesports. O prezo da inscrición será de tres euros para a andaina e de seis para o trail.