![]()
VALGA> Esa é a liña a seguir do Extrugasa ata a fase de ascenso. O plantel participou nunha comida xunto coa directiva onde se celebraron os éxitos acadados na temporada regular.
{flowplayer}images/salnes/extrugasa_260410.flv{/flowplayer}
A temporada regular non puido rematar mellor: victoria e liderato. O Extrugasa non tivo un encontro sinxelo ante un equipo como o Cáceres, que se estaba a xogar a súa permanencia, pero tirou de experiencia e serenidade nos momentos finais do encontro para desnivelar a balanza do seu lado. O partido chegara igualado o comezo do último cuarto, pero o saber facer das de Tito Díaz fíxolles vencer por oito de diferencia, 61-69, con actuación destacada de Cristina Souza, que rematou con dobres figuras: 19 puntos e 10 rebotes.
Hoxe para celebralo, a tradicional comida. O técnico Tito Díaz non pode estar máis satisfeito co traballo desenvolvido polas súas xogadoras.
Agora por diante queda o máis duro, o Extrugasa xa sabe cales serán os seus rivais: primeiro deberá enfrontarse ó Universidad País Vasco, na segunda xornada ó Sant Adriá e na derradeira ó Caja Canarias. Díaz transmite optimismo, ve ó equipo favorito por xogar na casa e di que se deixarán a pel por acadar o ascenso.
Mesma mensaxe que transmite o presidente, que presumíu da gran actitudae amosada por tódalas xogadoras durante esta temporada.
Ademais da comida fíxose a tradicional foto de familia. Agardemos que a seguinte sexa para celebrar o ascenso do equipo á máxima categoría do baloncesto nacional femenino.
Redacción Salnés









