DODRO> A Fundación Celta de Vigo e o Club Deportivo Dodro veñen de asinar un convenio de colaboración que posibilitará a implantación de novos sistemas de traballo no desenvolvemento do fútbol base na comarca do Sar e concellos limítrofes. O presidente do Club Deportivo Dodro, José Martín Carou, e o seu homónimo na Fundación Celta de Vigo, German Arteta, foron os encargados de rubricar este acordo que terá unha vixencia de tres anos. O club vigués enviará tódalas semanas a un dos seus coordinadores a traballar cos técnicos da base do Dodro coa finalidade de optimizar os adestramentos e conseguir así un mellor desenvolvemento deportivo nos cativos. Tódalas sesións estarán supervisadas e dirixidas por el, para controlar a evolución dos nenos e a mellora das súas cualidades, tanto técnicas coma competitivas. O Club Deportivo Dodro pasará a ser equipo ‘filial’ del R. C. Celta de Vigo na comarca, coa obxectivo de realizar un control sobre as categorías base da zona, vendo a evolución dos rapaces de cara a súa posible incorporación futura á disciplina do conxunto da cidade olívica. O convenio tamén inclúe outras vantaxes como a realización de Campus e Clinics impartidos polos adestradores do fútbol base do Celta, así como a participación dos seus equipos das categorías inferiores en torneos organizados polo Club Deportivo Dodro.
Inicio Deportes