O Hípica Atalaya vence na carreira de resistencia París Dakart

karts250_010709_copy.jpgSANXENXO> Sanxenxo acolleu esta pasada fin de semana a IV Carreira de Resistencia París Dakart, celebrada no cicuito que leva o mesmo nome. Unha ducia de equipos de Galicia e Madrid competiron ata as dúas da madrugada nunha proba que foi moi igualada de principio a fin.

{flowplayer}images/salnes/Carreiraresistencia_010709.flv{/flowplayer} 

O París Dakart volveu a ser esta semana foco de atención no que a motor se refire.Tratábase dunha carreira nocturna na que se premiaba fundamentalmente o traballo en equipo e por suposto, a pilotaxe.

Cada conxunto estaba formado por cinco membros, agás dous deles. compostos un por catro e outro por tres. A carreira celebrouse en tres mangas dunha hora de duración e en cada unha delas os equipos estaban obrigados a facer catro relevos na conducción.

As máquinas coas que competiron foron para todas iguais, karts Sodikart Fun GT2 con motor Honda de 270 cc.. Foron sorteados ó inicio da proba e despois da primeira e segunda manga.

No estrictamente deportivo, a igualdade foi máxima nesta cuarta edición da Carreira de Reistencia. Iso contribuíu a que o espectáculo fose maior. Ademais, as pingas de chuvia que caeron de forma puntual sobre o circuito provocaron que a pilotaxe fose máis técnica e polo tanto divertida para os participantes.

Tras case catro horas de competición, o conxunto que máis voltas completou foi o Hípica Atalaya, precisamente de Sanxenxo. Segundo foi Alvkev, de Madrid e terceiros remataron os pontevedreses de Ofrima Racing. Cada un dos membros dos equipos gañadores recibíron o seu trofeo personalizado. Tamén se repartiron premios en metálico.

Participantes e organización remataron moi satisfeitos polo desenvolvemento desta carreira, de ahí que dende o París Dakart non se descarte organizar máis probas deste estilo durante o verán. Para outubro quedará outra carreira de resistencia, pero nesa ocasión será diurna.

Redacción Salnés