A comunidade do Castrove, disposta a incautar e subhastar os cabalos soltos

    claudio_quintillan100.jpgPOIO> A Comunidade de Montes do Castrove – Salnés reclama ós propietarios de cabalos que se acollan ás axudas aprobadas este mes …

    {flowplayer}images/salnes/comunidades_montes.flv{/flowplayer}

    POIO> A Comunidade de Montes do Castrove – Salnés reclama ós propietarios de cabalos que se acollan ás axudas aprobadas este mes pola Xunta para regular a situación do gando cabalar.

    Trátase dun problema que xa vén de longo e que empeora coa chegada da primavera. Os cultivos de fincas particulares e tamén as plantacións de frondosas da propia comunidade comezan a brotar e en boa parte convértense no alimento dos cabalos que hai soltos polo monte.

    No Castrove hai unha asociación cabalar pero non tódolos propietarios de cabalos se adheriron porque iso implica rexistrar e identificar ós animais. A comunidade lémbralles que o pasado día 12 se sacaron unhas axudas para que os propietarios poidan identificar os cabalos e cumprir así coas normas comunitarias aprobadas no ano 2008 e 2009.

    A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria tramita estas subvencións ata o 12 de maio. Monte Castrove – Salnés esixirá logo á Xunta un censo do gando cabalar que hai na súa zona de influencia e están dispostos a tomar medidas drásticas no caso de que a situación non se solucione. En canso contrario están dispostos a incautar e subhastar os cabalos que non estean identificados.

    A Comunidade de Montes maniféstase disposta a colaborar coas asociacións equinas para autorizar zonas de pastoreo nos seus terreos.

    Redacción Salnés