Ribadumia e Cambados repártense os puntos

fotoderbi201210copia.jpg RIBADUMIA> Os dous equipos se repartiron o dominio aínda que ó final a sensación foi que o Cambados merecía marchar de Ribadumia con máis de un punto.

{flowplayer}images/salnes/DerbiRibadumia.flv{/flowplayer}

O Ribadumia, malia todo o movemento da semana pola marcha de Carducho saíu bastante concentrado. As primeiras ocasións tivéronas Álex e Lozano pero Gabi despexou sen problemas e para os visitantes só houbo unha ocasión perigosa en toda a primeira parte, un disparo de Unai que se marchou desviado pola liña de fondo.

Na segunda parte as cousas cambiaron moito, os de Oliveira saíron con moita máis intensidade e foron a polo partido.O equipo ten claro o seu estilo de xogo e onte fixeron un dos mellores encontros da tempada. Facendo combinacións e dándolle velocidade o balón ata desestabilizar ó Ribadumia. A primeira ocasión tívoa Javi Sánchez pero Juanjo acertou na saída sería a primeira de moitas. Unha contra artellada por Koeman e o mesmo Javi Sánchez acabou deixando a Vila diante da meta local pero o balón foiselle demasiado lonxe.

A única ocasión do Ribadumia no segundo tempo tívoa Álex cun disparo á escuadra que puido marcar distancias pero que Gabi sacou cunha man casi milagrosa. O gol dos de Oliveira parecía cada vez máis cercano pero non chegaba e mesmo reclamaron un penalti sobre Cascallar que o árbitro non pitou.

O empate final non lle serve a ningún dos dous aínda que parece lle sabe mellor o Ribadumia despois de moito sufrir que o Cambados que marchou da Senra coa sensación de que merecían máis.

Redacción Salnés