O II Memorial Ramón Escudeiro reunirá a cen xadrecistas de toda a península

PONTEVEDRA> O mércores arranca en Pontevedra a segunda edición do torneo Open Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilve. Un evento que se vai celebrar nas instalacións do Casino Mercantil e Industrial ata o domingo e que foi presentado polo concelleiro de deportes Agustín Fernández. Este torneo de xadrez pretende manter viva a lembranza de Ramón Escudeiro, un mozo pontevedrés que malia súa cegueira destacou na práctica do xadrez e o judo. Foi quen de disputar varias simultáneas de xadrez e chegou a colgarse a medalla de bronce no Campionato do Mundo junior de Judo para cegos. O seu repentino pasamento, cando só contaba con 20 anos, impediulle cumprir o seu soño de participar nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro, en 2016.Tanto o concelleiro Agustín Fernández como o presidente do Mercantil Roberto Vega, destacaron a súa figura. No estrictamente deportivo, este torneo contará con xogadores chegados dende toda España e Portugal. A organización espera a participación duns 100 xadrecistas, 20 deles da Escola Xadrez Pontevedra que dirixe Daniel Rivera. O torneo xógase polo sistema suízo a sete rondas. Os emparellamentos serán decididos por un sistema informático homologado. O ritmo de xogo será de 90 minutos máis 30 segundos de incremento por xogada. O torneo reparte 1.125 euros en premios entre os sete primeiros clasificados. A organización mantén o “streaming” para poder contemplar as partidas en directo a través da Internet, no sitio www.xadrezpontevedra.com. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/xadrez600_021213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/xadrez_021213.mp4{/flowplayer}