O BNG presenta unha serie de medidas para saír da crise

    bng_copia100.jpgO SALNÉS> Os nacionalistas afirmaron que Zapatero está adoptando medidas que xiran á dereita, mentres que Feijóo está desaparecido.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_CRISE.flv{/flowplayer}

    Os nacionalistas preséntanse como a única alternativa fiable que adopta medidas concretas, transformadoras e que respecten ós dereitos sociais para paliar a crise económica. Entre as medidas presentadas destacan unha política de gasto público de estímulo económico e creación de emprego, unha reforma fiscal, reducir o gasto improdutivo, a protección da estabilidade e garantía de emprego e o investimento en I+D+i.

    Segundo o BNG as súas propostas son transformadoras. Acusan ó presidente do executivo central de tomar medidas que xiran á dereita e a Alberto Núñez Feijóo de estar desaparecido.

    O Bloque está levando a cabo unha serie de actos polas distintas comarcas nos que se presentan estas iniciativas. O venres, reuniranse ás 9 en Cambados e contarán coa presenza do voceiro nacional Guillerme Vázquez.

    Redacción Salnés