O GROVE> O tripartito vén de repartirse as áreas que levaba o edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, antes da súa saída do Goberno local.
{flowplayer}images/salnes/tripartito_grove.flv{/flowplayer}
O GROVE> O tripartito do Grove vén de repartirse as áreas que tiña asignadas o edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, antes da súa saída do goberno municipal.
De Xuventude encargarase agora Carlos Álvarez Besada. Dentro de emprego, o edil nacionalista asumirá a xestión dos cursos, mentres que o alcalde farase cargo do obradoiro de emprego. En canto á área de Persoal quedará en mans dos tres portavoces, José Cacabelos, Carlos Álvarez e Alfredo Bea. A praza que ocupaba Lamelas na Xunta de Goberno será ocupada pola edil de Vías e Obras Ánxeles Domínguez.
Á marxe destes cambios estruturais, o goberno tripartito asegura que segue traballando con normalidade. Os tres portavoces adiantaron algúns proxectos que teñen en marcha, como o plan de reordenación do barrio Virxe das Mareas. Estiman que para a vindeira semana xa llo poderán presentar ós veciños.
Para esta semana teñen previsto ademais remitir á Xunta o informe municipal sobre o Plan de Ordenación do Litoral, ó que acompañarán as suxestións feitas polos colectivos sociais e políticos. O tripartito tamén anunciou que esta semana se publicou no Boletín Oficial da Provincia a compra de vehículos de limpeza e de seguridade.
Redacción Salnés