![]()
VILAGARCÍA> O Presidente de Portos realizou a súa primeira visita oficial á Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Na reunión que mantiveron, trataron os diferentes proxectos conxuntos que se van a realizar nun corto período de tempo.
{flowplayer}images/salnes/PORTOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
O presidente de Portos de Galicia foi recibido por Javier Puertas que lle mostrou as instalacións da Autoridade Portuaria na Avenida da Mariña, onde firmou o libro de visitas. Posteriormente, realizaron unha visita ó novo pantalán do Centro de Tecnificación, unha instalación deportiva onde traballaron conxuntamente as dúas institucións. A visita rematou no Centro de Control, onde Puertas explicoulle detalladamente Álvarez Campana o funcionamento das instalacións. As dúas autoridades, destacaron a estreita relación que teñen Portos de Galicia e a Autoridade Portuaria vilagarciá.
Na reunión que mantiveron, trataron os diferentes proxectos conxuntos que se van a realizar nun corto período de tempo. Entre eles, se atopan actividades deportivas, de patrimonio marítimo e cultural.
O presidente de portos de Galicia, destacou a labor de Javier Puertas ó fronte da Autoridade Portuaria, e afirmou que o porto de Vilagarcía ten que seguir sendo o pulmón económico da comarca.
O presidente da Autoridade Portuaria sinalou que están programadas reunións con Portos de Galicia e a Consellería do Mar ata final de ano.
Redacción Salnés








