A xunta saca a licitación a construción dunha senda entre Vinquiño e Contumil en Sanxenxo

SANXENXO> A Xunta saca a licitación a construción da senda entre a rotonda de Vinquiño e a zona de Contumil en Sanxenxo. A obra actuará sobre unha das marxes dun percorrido de 380 metros creado beirarrúas de máis de dous metros de ancho. A actuación permitirá mellorar a seguridade viaria e conectar a zona de Contumil con centro de Sanxenxo.

A Xunta de Galicia e o concello de Sanxenxo levan meses traballando na creación dunha senda peonil entre a rotonda de Vinquiño e a zona de Contumil. A principal dificultade do proxeto era conectar ás dúas zonas por debaixo da autovía do Salnés. Unha vez establecida a solución, a consellería saca a licitación a construción da senda peonil.

A senda terá unha lonxitude de 380 metros e a súa construción dividirase en dous treitos.

 A actuación permitirá ampliar as beirarrúas e separalas da estrada para garantir a seguridade dos viandantes.

Dende o concello destacan que este proxecto permitirá unir Sanxenxo coa zona de Contumil. Unha zona que experimentou un gran crecemento co asentamento de importantes empresas.

O proxecto sae a licitación por 170 mil euros, aínda que o custe total ascende ata os 180 mil debido a que a Xunta tivo que realizar expropiacións. A previsión é que as obras comecen en outono cun prazo de execución de dous meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí