O PP insiste en que o balneario se destine a uso hoteleiro

    FOLE_BALNEARIO_100.jpg VILAGARCÍA> Os populares solicitan tamén ó bipartito unha xuntanza para coñecer as actuacións do parque da praia de Compostela.

    {flowplayer}images/salnes/PP_VILAGARCIA_PARQUE_COMPOSTELA.flv{/flowplayer}

    Os populares de Vilagarcía queren evitar que se repitan episodios coma o dos bancos de Ravella cos proxectos de rexeneración da Praia de Compostela e do Balneario. Por iso, solicitan a convocatoria dunha reunión con representantes do goberno local e os colectivos veciñais que queiran asistir para que lles informen do alcance destas actuacións, coas que, aseguran os populares, nin sequera membros do propio partido socialista están conformes.

    Non están de acordo, din desde o PP, porque son unha mostra máis da imposición da vontade do antigo edil de urbanismo, Marcelino Abuín. Para Tomás Fole aínda están a tempo de modificarse, e buscar unha solución satisfactoria para todos. Por exemplo, no caso do balneario. Os populares non están de acordo con que se vaian situar nel os servizos de atención a dependentes, o departamento municipal de canguros ou un centro de formación en hostalería. Propoñen que se recupere como hotel, porque en Vilagarcía, din, faltan prazas hoteleiras.

    Segundo o voceiro popular, Tomás Fole, se hai acordo político e vontade, os proxectos poden modificarse. Trátase de ter ‘capacidade de xestión e mando suficiente’.

    Redacción Salnés