![]()
PORTONOVO> O Presidente de Portos de Galicia visitou as obras do Club Náutico e a remodelación da lonxa. Destacou a capacidade do porto para combinar instalacións de pesca e náutica recreativa.
{flowplayer}images/salnes/PORTOS_PORTONOVO.flv{/flowplayer}
Álvarez Campana subliñou os importantes proxectos que se están a realizar en Portonovo, tanto as instalacións do Club Náutico como a remodelación da lonxa. Segundo o presidente de Portos de Galicia, o obxectivo destas actuacións é darlle maior valor e maior calidade ós edificios, instalacións e servizos de Portonovo. En canto ó club náutico, Álvarez Campana sinalou que é unha remodificación do porto para dar máis cabida ós proxectos de carácter deportivo.
O presidente de Portos de Galicia destacou a importancia do porto de Portonovo, cualificándoo como un símbolo no que conviven pesca e náutica recreativa.
A remodelación da lonxa, ten como obxectivo optimizar as instalacións para as visitas dos turistas.
Álvarez Campana afirmou que o proxecto de ampliación do porto está en fase de estudo, contactando cos afectados para realizar unha remodelación óptima.
Redacción Salnés








