A alcaldesa de Cambados, a única do Salnés sen soldo

CAMBADOS>  Fátima Abal será a única alcaldesa do Salnés sen soldo. A oposición de Cambados tumbou onte á noite a proposta conxunta presentada polo goberno local para o salario da rexedora e as liberacións parciais. Dende a oposición, tanto BNG como PP, coinciden en que a alcaldesa si debería ter un soldo.

A proposta do bipartito de Cambados sobre os salarios da alcaldesa e dos concelleiros non convenceu á oposición. PP, BNG e Cambados Pode votaron en contra da liberación total da alcaldesa e das catro parciaias. A proposta presentouse de xeito conxunto, pero tanto populares como nacionalistas matizaron que estarían a favor de que a rexedora gozase dun salario. Para Cambados Pode, a proposta do bipartito era unha tomadura de pelo.

Esta mañá, a alcaldesa de Cambados recoñecía ter contemplado chegar a este extremo. Así e todo, a socialista descarta muda-la proposta conxunta para que, polo menos ela, poida ter un soldo. Somos Cambados, pola súa banda, carga contra a oposición. Lembra que aqueles que votaron en contra, cando estaban no goberno, si percibían un soldo. Dende o bipartito cambadés avanzan que volverán levar ós sucesivos plenos a mesma proposta rexeitada onte, na procura da súa aprobación.