![]()
VALGA > María e Antonio aínda non se recuperaron do susto que levaron na noite pasada. Ás cinco e media da maña un vehículo colisionou contra o cerrado da súa casa …
…en Campaña no concello de Valga,levándose por diante un sinal de tráfico e un farol do alumeado público. Ó parecer eran 2 mozos os que ían no coche que ocasionou o sinistro e ámbolos atopábanse en boas condicións. Para os afectados esta xa é a cuarta vez que sofren as consecuencias deste tipo de accidentes.
Atopábanse na cama cando sentiron un estrondo que lles fixo levantarse da cama rapidamente. María e Antonio non o podían crer. Un vehículo acababa de colisionar no cerrado da súa casa cara ás 5 e media da mañá.
Nun principio pensaron que podía ser un estrondo que proviña doutro lugar, pouco despois descubriron que o vehículo levárase por diante un sinal de tráfico e un farol do alumeado público deixando o cerrado da casa practicamente destruído Os danos ocasionados foron importantes por iso os afectados están a espera a que taxen os estragos Segundo o dono da casa o vehículo colisionado poder ser un citroen Xantia xa que tan pronto se produciu o sinistro o coche ficaba derruído ó carón da vivenda.
Para esta familia esta xa é a cuarta quenda que padecen esta clase de accidentes onde a súa casa sempre saíu prexudicada. ós oito días de facer unha reforma no seu cerrado sufriu un dos primeiros sinistros. Agora os danos quedan en mans da compañía aseguradora e o concello.
Redacción Salnés









