O TSXG desestima o recurso contra a urbanización Virxe de Guadalupe

    sentenzarianxo_290410.jpgRIANXO> Nesta ocasión pedíase a nulidade do acordo plenario do ano 2004 no que se aprobou o estudo de detalle e o convenio urbanístico asinado polo executivo rianxeiro coa promotora Mahía.

    {flowplayer}barbanza/sentenzarianxo1.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, comparecía esta mañá ante os medios de comunicación acompañado do avogado do concello, Xosé Roibás, para dar a coñecer a sentenza que emitía no día de onte a sala do contencioso administrativo número 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nela desestímase o recurso que presentara no ano 2005 o asesor urbanístico vigués Eduardo Canabal Sánz en contra do acordo plenario da corporación rianxeira celebrado en agosto de 2004, na cal por unanimidade de tódolos grupos políticos e baseándose en informes técnicos favorables, se aprobou o estudo de detalle, o convenio e a concesión de licenzas á promotora Mahía, para a construción da urbanización Virxe da Guadalupe.

    Importantes beneficios

    Na sentenza amósase ademais que o concello saíu amplamente beneficiado deste convenio, recibindo máis do que en principio debera recibir, xa que a empresa, que construiu tres bloques de edificios, nun chan catalogado como urbano consolidado, cedeu espazo para a construción dun aparcamento soterrado, unha praza pública e o novo mercado.

    Gran incógnita

    {flowplayer}barbanza/sentenzarianxo2.flv{/flowplayer}

    O feito de que o recurso partira de novo, como acontecera xa na primeira denuncia, dunha persoa non vinculada a Rianxo, fai sospeitar ó executivo local que detrás desta acción existen intereses claramente políticos.

    Críticas ó BNG

    O alcalde quixo cargar tamén as súas críticas contra os grupos da oposición, especialmente o BNG.

    Agradecemento ós veciños

    Pero ademais dos reproches á oposición, o alcalde quixo agradecer ós veciños de Rianxo, que salvo pequenas excecpcións seguiron confiando na súa persoa e no seu traballo.

    Recursos casación

    Con esta decisión a xustiza volve avalar que a urbanización Virxe de Guadalupe se axustou a dereito e cumpre coa legalidade urbanística. Aínda así contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

    Redacción Barbanza