Outes e Noia instan á Xunta a retomar as obras da Pontenafonso

OUTES> Malestar entre a veciñanza de Noia e Outes ante o retraso na execución das obras en Pontenafonso. Os traballos levan parados dende o Nadal mantendo cortado un dos principais pasos de comunicación entre ámbolos dous concellos.

Foron moitas as queixas recibidas polos alcaldes de Outes e Noia trala paralización das obras en Pontenafonso que non se retomaron despois das vacacións do Nadal. O motivo é a introdución dun modificado no proxecto que precisa da autorización de Patrimonio.

Ámbolos dous rexedores entenden que a obra ten que facerse coas máximas garantías e  tanto dende o punto de vista patrimonial como da seguridade viaria pero esixen axilizar os traballos tras máis de medio ano coa ponte pechada.

Ademais de solicitar que se retomen as obras, dende os concellos instan á Xunta a actuar na estrada autonómica AC-196 que comunica as dúas pontes. O incremento do tráfico nesta vía provocou un avanzado deterioro do firme.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí