![]()
CAMBADOS> A conxunción de velocidade e alcol ó volante é a unha das principais causas da sinistralidade no tráfico, principalmente durante as noites..
{flowplayer}images/salnes/30042010_proxecto_vela.flv{/flowplayer}
… das fins de semana. Conscientes da necesidade de facer chegar esta mensaxe clara á xente moza, o Concello de Cambados, xunto cun gran número de colectivos empresariais e locais ven de presentar hoxe o programa Vela. E chámase vela porque fai referencia á velocidade e ó alcol e ás noites en vela que permanecen os pais e nais cada fin de semana á espera de que os seus fillos volvan sans e salvos de divertirse nas noites de movida.
Esta campaña comeza cun concurso de carteis entre os escolares deste Concello maiores de 12 anos, para buscar unha composición que chegue de xeito directo ás mentes deste colectivo.O premio é de 500 euros ó gañador, ademais dun par de accésits de 200 euros; co que a xente nova xa está dándolle ó miolo para intentar expresar sobre o papel esta mensaxe clara.
A maiores, o executivo local argalla outra series de medidas como pode ser a subvención dos taxis nas noites de xoldra, para que volver a casa dun xeito seguro sexa máis asequible para a xente moza.Tamén se divulgará un spot nos pubs cambadeses e nesta casa, a sete canalriasbaixas, que tamén se ven de unir de xeito solidario con esta iniciativa de seguridade viaria ideada e promovida, de novo, pola Policía Local de Cambados.
Redacción Salnés








