Fole reunirase en vindeiros días con Jesús Pérez Arca e Jaime Ramos

    xuntanzas_pp copia.jpg VILAGARCÍA> Os edís integraron a candidatura que Javier Puertas presentou ó congreso local do PP que gañou Fole. Queda por ver se o alcaldable contará con eles.

    {flowplayer}images/salnes/pp_vilagarcia160311.flv{/flowplayer}

    O candidato á alcaldía de Vilagarcía polo PP, Tomás Fole, reunirase esta semana cos actuais edís populares Jaime Ramos e Jesús Pérez Arca. Ambos formaron parte da candidatura que Javier Puertas presentou o pasado 12 de xuño ó congreso local do PP. Coñecidos os cinco primeiros nomes da lista popular, agora a dúbida é se Fole volverá a contar con Ramos e Pérez Arca e cumprirá así coas peticións feitas polos dirixentes desta formación e co que el mesmo prometeu tras gañar o congreso local, unir o partido.

    En canto ó que xa se coñece de lista, tanto Ramos como Pérez Arca aseguraron a Canal Rías Baixas que lles parece totalmente lóxico que Fole depositara a confianza nestas catro persoas. Delas destacan a experiencia na política local, tendo en conta que Marta Rodríguez, Manuel Tarrío e Rocío Llovo conforman, xunto con Fole, Ramos e Pérez Arca o actual grupo municipal do PP. A Luís Garrigós defíneno como unha persoa moi sensata, traballadora e participativa, en palabras de Jaime Ramos, quen asegura ademais que é lóxico que Fole leve a esas persoas entre os cinco primeiros. Para Pérez Arca, é moi boa lista, pero cre que máis importante que os nomes é o proxecto político do PP. No seu caso di estar a disposición de Fole para o que sexa e alá onde o necesite. Asegura que hai unidade, e que así o demostraron asistindo todos á presentación de Tomás Fole como candidato.

    Redacción Salnés