![]()
VILAGARCÍA> Se ben acaba de rematar a temporada de bateis esta fin de semana dase o pistoletazo de saída á de traineiriñas. O Grove acollerá a primeira regata e Vilaxoán a segunda o domingo. Precisamente esta bandeira de Vilaxoán, II Trofeo Náutica Vidal foi presentada esta mañá.
{flowplayer}images/salnes/trainerinas_300410.flv{/flowplayer}
Baixo a organización do Club de Remo Vilaxóan e co patrocinio de Náutica Vidal, as traineiriñas farán a segunda parada dunha temporada frenética en Vilagarcía. Será este domingo pola tarde cando se dean cita na ría de Arousa tódolos clubes da provincia de Pontevedra, incluíndo algún de A Coruña, como Cabo de Cruz, que xa confirmou a súa presencia.
Despois da gran temporada de bateis de Vilaxoán, corroborada con dous títulos nacionais, dende o club presidido por Feliciano Suárez piden cautela. Fuxen de favoritismos para esta regata e para o Campionato de España, que tamén eles organizan dentro dun mes.
O II Trofeo Náutica Vidal terá o percorrido habitual de 3.000 metros de lonxitude, con tres ciabogas e cinco carrís. Xunto ó club local, Amegrove e Mecos tamén acuden coa intención de facer un bo papel nesta regata.
Redacción Salnés









