Aarón guía á victoria a un Portonovo que acaricia o ascenso

portonovo250_030510.jpgSANXENXO> Co descenso do Céltiga o Salnés perde a un representante na Terceira, pero todo apunta a que o recuperará moi cedo porque o Portonovo volveu a vencer onte. Os de Rial impuxéronse ó Celanova por 3-1 nun encontro no que tiveron que remontar o gol inicial dos visitantes. O Arousa gañou no campo do Caselas e recupera as súas opcións, aínda que escasas.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_030510.flv{/flowplayer} 

Paso de xigante do Portonovo cara o ascenso. Os de Rial aproveitáronse do picazo do Choco para colocarse líderes e aínda que restan nove puntos en xogo e aventaxan en catro ó terceiro, o seu calendario é máis favorable en canto a rivais se refire, polo que a promoción está a un paso.

Onte tivérono que sudar e moito ante un Celanova que non puxo as cousas sinxelas. As pirmeiras ocasións chegaron da man de Nacho. O uruguayo atopouse as dúas veces co gardamallas Gabi, a segunda tras facer un xogadón se deixar caer a pelota.

Pero para golazo, o dos visitantes. Pazos aproveitouse dun erro da zaga local para mandar unha vaselina á escadra. Era o minuto 40 e aínda que o Portonovo dominara no xogo, os visitantes poñíanse por diante no marcador.

Faltaba por aparecer a figura do partido, Aarón, que demostrou que a súa fichaxe foi un acerto por parte da directiva. Antes de que os nervos puideran atenazar ós de Baltar, ós cinco minutos da reanudación tocaba o xusto un centro de Fiti para poñer o empate.

Fiti seguíu facendo moito dano pola banda esquerda e de ahí naceu o segundo tanto ós 20 minutos do segundo tempo. O demáis fíxoo Ero. Dous regates, un rexeite e unha volea á escadra. Un tanto de calidade, persistencia e un punto de sorte.

Co marcador a favor o Portonovo soubo dominar os tempos do encontro ata matalo a dez para o remate. De novo Aarón definía do mellor xeito posible ante o porteiro Gabi.

Os de Baltar poderían certificar o ascenso a semana que ven se son quen de vencer no derbi ó Sanxenxo e o Estradense non fai o propio en Barbadás.

O AROUSA AÍNDA CRE NA MILAGRE

O que recupera certas opcións de ascenso é o Arousa que venceu onte a domicilio (1-2) ó Caselas, con tantos de Pablo e Samu nun partido moi serio dos de Ricardo. Quédanlle tres xornadas ós vilagarciáns na que se deberán enfrontar a tres equipos que loitan polo mesmo que eles: Choco, Estradense e Porriño. Só gañando os tres encontros poderían optar a rematar entre os dous primeiros.

No resto da xornada, con pouco xa en xogo, houbo sorte dispar para os conxuntos do Salnés. O Cambados gañou na casa ó Cruceiro, 3-1, con tantos de Unai, Cascallar e Nino.

O Ribadumia perdeu en Aldán fronte o Rápido Bahía froito dos seus erros defensivos, que propiciaron que os locais sentenciasen o encontro no primeiro tempo (2-0).

Mentres Sanxenxo e Marín repartíronse os puntos no Revel (1-1). Fontán adiantou de penalti ós seus e Janiero empatou no tempo de prolongación.

Redacción Salnés