NOIA> A tradicional velada de boxeo de Noia converterase este ano nunha homenaxe a Tono da Silva, fundador do club SKT e impulsor deste deporte no municipio, que faleceu a finais do pasado ano. O evento contará coa presenza de numeroso loitadores locais, algún con opción de alzarse co título de campión galego.
Este sábado a partir das oito da tarde celebrarase no pavillón Agustín Mourís de Noia a Velada de Boxeo en homenaxe a Tono da Silva.
Disputaranse 10 combates, 6 neo profesionais e 4 amateurs coa participación de boxeadores locais que teñen importantes opcións.
Un deles será Daniel Díaz que se medirá co padronés Iván Pasin que aspira a facerse co título de campión galego.
As entradas xa se poden adquirir de xeito presencial tanto no burguer Ril`s como na cafetería Perlas III así como online a través do código QR que aparece nos carteis que enlaza a bandoticket.com. O prezo será de 12 euros e habilitarase unha fila cero para quen non poida asistir posto que todo o recadado terá carácter benéfico.