Os karts tomarán Fexdega ata o domingo

kart250_240408.jpgVILAGARCÍA > Inaugurouse en Vilagarcía a Segunda Xira Karting Indoor, no Recinto Feiral de Fexdega. Con este evento preténdese achegar o mundo dos karts a novos e maiores; por iso estará catro días aberto, ata o domingo, para todo aquel que queira montar nestes pequenos automóbiles.

Púxose o semáforo verde e dende hoxe Vilagarcía poderá desfrutar, por segundo ano consecutivo, dos karts. En horario de mañá e tarde e ata as 00:00 da noite todo aquel que o queira poderase montar a un destes pequenos coches. Pequenos por tamaño porque se o que se quere é sentir velocidade, iso está asegurado.

Os máis novos poderán desfrutrar doutros coa velocidade limitada. Un actividade apta para toda a familia.

Mañá pola mañá o circuito instalado en Fexdega estará ocupado por un varios grupos de escolares; xa pola tarde levarse a cabo a inauguración oficial da Xira cos dirixentes das diferentes empresas e organismos que fixeron posible o evento.

Redacción Salnés