![]()
ILLA> Confirmouse a mala nova do descenso do Céltiga á Preferente Autonómica. Os da Illa percisaban da victoria onte domingo ante o Ordes para manter as esperanzas de salvación pero non foron quen de pasar do empate (0-0). O Vilalonga acadou a permanencia pese a non xogar.
{flowplayer}images/salnes/celtiga_030510.flv{/flowplayer}
Non houbo milagre. No Salvador Otero dependíase de outros equipos para salvarse coa premisa de gañar tamén os encontros dun mesmo. E ahí errou o Céltiga que por enésima vez pagou moi cara a súa falta de puntería.
O dominio foi local durante todo o choque. É innegable que os de Ricardo Dios gañaron ó seu rival en empuxe e gañas, aínda que o Ordes acudía á cita sen nada en xogo.
A primeira ocasión estivo nas botas de Beni, que con todo a favor tirou ó corpo de Guillermo. Na seguinte foi Hugo Soto o que se atopou co meta visitante, que enviou o coiro a corner.
O primeiro achegamento visitante non chegaría ata a media hora cun disparo de Dani Regos que foise lambendo o pau.
Beni facía moito dano coas súas entradas dende segunda liña. Outra vez, quedouse en disposición franca para o remtae pero desta volta o seu disparo non colleu portería. Á primeira parte pechouse cun lanzamento cruzado de Sabarís á saída dun corner. Pasaran xa 45 minutos e xa comezaba a aparecer.a inquedanza nos xogadores do Céltiga.
Ricardo Dios debeu arengar ós seus no vestiario porque nos primeiros minutos do segundo tempo o empuxe do Céltiga foi terrible, pero faltou claridade de ideas. Pasado o vendaval, o Ordes comezou a facerse dono do balón e dispuxo da súa mellor ocasión, nas botas de Moreiras. Entre Marcos e o pau, desbarataron á acción do cadro verde.
A dez para o remate, a mellor do Céltiga nas botas dun Manuel que se deixou a pel sobre o campo. Pero o poste tamén lle impedíu desnivelar a balanza. Xa á desesperada Ricardo Dios puxo ós centrais de dianteiros para buscar balóns aéreos. Pero sería Hugo Soto o que tería as mellores oportunidades, a última no tempo de prolongación cun disparo que foise a rentes da escadra de Guillermo.
Así morreu o partido que deu paso á desolación de xogadores e affecionados. Tempo de reflexión na Illa, que deberá asumir este fracaso deportivo e comezar a traballar nun novo proxecto de cara á vindeira temporada na Preferente Sur.
O VILALONGA SÁLVASE SEN XOGAR
O certo é que o Céltiga quedouse sen opcións de salvación debido á victoria do Somozas no Roxo fronte ó Cerceda, 1-2, polo que os verdibrancos saíron do descenso directo e aventaxan ós da Illa en tres puntos mailo golaverage, distancia insalvable na última xornada.
De tódolos xeitos a fin de semana deixou unha boa nova para o Vilalonga que sen xogar acadou a permanencia grazas ó picazo do Pontevedra B ante o Santa Comba (1-0). Con este resultado os de Gabi Leis asegúranse non ser un dos cinco últimos equipos da xeral ó final da liga polo que continuarán un ano máis na Terceira pase o que pase o domingo que ven no encontro ante o Santa Comba e tamén na 2ª B, porque aínda que Racing e Compos baixan o resto de equipos galegos manteranse.
Os celestes xogaron esta fin de semana un encontro amistoso ante o Atlético Riveira na Fieiteira, o sábado, onde venceron por 0-3.
Redacción Salnés








