David Calzas e Lara Lois vencen na novena edición do Duatlón Trail de Ribeira

RIBEIRA> A proba, organizada esta pasada fin de semana pola Asociación Arousa NeO, contou coa participación de máis de douscentos atletas. Un total de 210 corredores tomaron a saída nesta novena edición do Duatlón Trail Ribeira organizado pola Asociación Arousa NeO, en colaboración con outras entidades locais, entre elas o concello, as asociacións de veciños de Carreira e Dolmen de Axeitos, a agrupación de voluntarios de Protección Civil, e diversas casas comerciais como é o caso de Revolutrion e Sportbike. A proba, de gran dureza, desenvolveuse por espazos de gran beleza paisaxística, tendo como punto de saída e chegada ó cámping Ría de Arosa 2. A dirección deste establecemento deu tódalas facilidades á organización e puxo á súa disposición as instalacións para o desenvolvemento da carreira. En total foron 24 quilómetros e medio de percorrido, dezaoito en bicicleta de montaña e seis e medio a pé. A cita, que se desenvolveu sen ningún tipo de incidente, tivo coma gañadores na categoría absoluta a David Calzas en homes e Lara Lois en mulleres. No resto das categorías destacar a vitoria de Manuel Folgar e Lois Rodríguez en equipos masculino, Marina e Antonio Loxada en equipos mixto e Susana Miguéns e Vanesa Olveira en equipos feminino. No operativo máis de 40 persoas: da asociación de veciños de Carreira, de voluntarios de Protección Civil, da asociación de veciños Dolmen de Axeitos, e das casas comerciales patrocinadoras da proba Revolutrion e Sportbike.