![]()
VILAGARCÍA> A deputada e vicesecretaria foi a primeira en firmar o aval de Tomás Fole. Todos os concelleiros, a excepción de Jesús Pérez Arca, concederon a súa firma para que o presidente sexa reelixido.
{flowplayer}images/salnes/MARTA_RODRIGUEZ.flv{/flowplayer}
Trala presentación de Javier Puertas como candidato a presidir o Partido Popular de Vilagarcía, os círculos políticos da capital arousá agardaban expectantes un xesto por parte de Marta Rodríguez Arias. A deputada e vicesecretaria do PP d Galicia deixou claro o seu apoio a Tomás Fole sendo a primeira en firmar un dos cincuenta avais que o actual presidente necesita para volver a presentarse candidato.
A opinión de Rodríguez Arias é moi importante. Ocupa o cuarto lugar dentro do organigrama do PP de Galicia e xunto con Fole, compón un grupo de traballo que dende 2003 incrementou o apoio dos populares entre a cidadanía. Marta Rodríguez sinala que para Tomás Fole a candidatura de Javier Puertas é un reto máis e que vai loitar ata o final.
A número 4 de Núñez Feijóo, afirmou que pese ós rumores de que o presidente da Autoridade Portuaria puidese presentarse como candidato, no partido descoñecían as intencións de Puertas.
O 12 de xuño celebrarase o congreso dos populares en Fexdega baixo unha gran expectación. De aí sairá un presidente que decidirá que é o portavoz durante o ano que queda e o candidato ás eleccións.
Marta Rodríguez asegura que o PP ten moitas posibilidades de alcanzar a alcaldía o ano que ven xa que a cidadanía está moi descontenta co PSOE.
En canto a unha alianza con IVIL, Rodríguez Arias manifesta que o PP ten as portas abertas e que moitos integrantes da formación estarían contentos se Rivera Mallo e os populares traballan xuntos.
Redacción Salnés






