O musical ‘Salomé’ pasou por Vilagarcía

    Caixanova trouxo a Vilagarcía o musical ‘Salomé’. O venres pola noite o auditorio acolleu este espectáculo levado a escena pola Compañía de Danza Española Aída Gómez.

    ‘Salomé’ é o nome do musical co que os vilagarciáns se puideron deleitar o venres pola noite. Tras ser representada no Pazo da Cultura de Pontevedra a compañía de Danza Española Aída Gómez trouxo a Vilagarcía, da man de Caixanova, este espectáculo que conta a través da danza unha traxedia ambientada en Galilea fai máis de dous mil anos.

    Salomé é unha moza que pide a testa dun home como prezo polo seu baile. A peza é unha aposta formal e atrevida da historia que emprega luces e sombras nun decorado minimalista. Unha obra que reinterpreta o flamenco confrontándoo co espírito dalgunhas das súas orixes máis antigas coma as músicas árabes, pakistanís ou indias. Unhas técnicas que a fixeron merecedora, entre outros premios, do galardón Max das artes escénicas á mellor bailarina no ano 1998.

    Redacción Salnés