Cambados retira a estatua de Fraga dos xardíns de Torrado

    CAMBADOS> A estatua de Manuel Fraga xa non está nos xardíns de Torrado en Cambados. O concello retirou a polémica escultura do expresidente galego que fora colocada no 2012 tralo seu falecemento. Segundo explicou o nacionalista Víctor Caamaño, a súa retirada responde a unha decisión política. Esta foi a imaxe do día en Cambados. Cara o mediodía, o goberno local retiraba a estatua de Manuel Fraga, instalada nos xardíns de Torrado hai cinco anos. Xa no 2012, a colocación da escultura estivo rodeada de polémica. O concello, gobernado polo PP de Luis Aragunde, quixo desvencellarse da súa instalación, e asegurou que a iniciativa partira dun grupo de viticultores. Segundo a versión oficial, coa estatua, realizada polo escultor Lucas Míguez, buscábase agradecer a implicación de Fraga co sector vitivinícola e a Festa do Albariño de Cambados. Agora a decisión de retirala foi iniciativa da concellería de Cultura, dirixida polo nacionalista Víctor Caamaño. O edil definiu a escultura como un recordo “negativo-franquista”, postura que compartiron a alcaldesa Fátima Abal e os concelleiros de Somos Cambados. Retirada xa dos xardíns de Torrado, a escultura de Manuel Fraga trasladarase ao almacén do seu autor. No seu lugar non está prevista a instalación de ningún outro elemento; unicamente arranxarase a área do xardín que ocupou nos últimos cinco anos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/retirada_estatua_fraga_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/retirada_estatua_fraga.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí