Os comerciantes lanzan a súa campaña para o días dos namorados

    campana_comercio_grove2.jpgGROVE> Este ano participan 86 comercios entre os que se repartirán 10.000 boletos. O premiado gañará unha fin de semana nun balneario.

    Baixo o lema ‘Se só tes ollos para el ou para ela…’ a asociación de comerciantes Centro Comercial Aberto ‘De tendas’ ven de pór en marcha a súa campaña para o día dos namorados.

    A campaña xa comezou o día un e prolongarase ata o día 14. Ata entón repartirán un total de dez mil boletos entre os oitenta e seis comercios que participan este ano.

    As papeletas que se repartirán entre os clientes servirán para participar nun sorteo dunha fin de semana nun balneario para dúas persoas valorado en 300 euros.

    Con esta actividade, desde a asociación de comerciantes agardan dinamizar o comercio de O Grove e que teñan boa acollida entre os veciños da comarca. Ó longo do ano desenvolverán outras campañas e con esta agardan comece un bo ano para o sector.

    O sorteo terá lugar o día 18 de febreiro.

     

    Redacción Salnés