Sanxenxo acada no mes de agosto unha ocupación hoteleira media de 91,5%, a segunda mellor cifra da súa historia

SANXENXO> O esforzo de moitos anos e o traballo do sector son as claves do éxito dos establecementos hoteleiros de Sanxenxo. Así o sinala o CETS tras acadar a segunda mellor cifra da súa historia, un 91.54% de ocupación media hoteleira. O sector xa ten a vista posta nun mes de setembro que agardan que non sexa malo.

O concello de Sanxenxo volveu as cifras prepandemia de visitantes. A vila rexistrou un 91,5% de ocupación media nos hoteis. Unha cifra que é a segunda mellor da súa historia trala do 2018.

Dende o CETS sinalan como a clave deste éxito ao bo traballo do sector durante moitos anos.

Outra das claves é o regreso do turismo portugués.

Precisamente, en canto ao mes de setembro, dende o CETS agardan manter as boas cifras.

Pero a tempada non remata nin co verán nin con setembro. O sector ten a vista posta na ponte do Pilar e na Festa do Maricos do Grove que leva a moitos visitantes a instalarse no Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí