Trasladan á Delegación de Pontevedra o caso dos menores que gravaron en móbil unha liorta

    SANXENXO > O colexio de ensino secundario de Portonovo en Sanxenxo ‘Abrente’ deixou en mans da administración o caso dos alumnos que participaron presuntamente nunha malleira a un compañeiro e a gravaron co seu teléfono móbil. O vídeo estivo circulando entre os teléfonos dos alumnos durante cinco meses, ata que a dirección do colexio tivo coñecemento da súa existencia.

    abrente_300_190606.jpgA primeira medida seria tomada pola dirección do colexio despois de que ós puxeran ó corrente dos feitos foi expulsar ós alumnos implicados na pelexa. Os acontecementos producíronse o 26 de xaneiro e os responsables do centro non os coñeceron ata fai unha semana. Parece ser que no vídeo que circulou entre os teléfonos dos alumnos durante cinco meses se vía como varios rapaces golpeaban a outro en reiteradas ocasións.

    Fálase de alomenos 4 vídeos con vexacións a un mesmo menor que viña sufrindo este acoso dende facía tempo. O arquivo de vídeo chegou a mans da nai dun dos escolares que puxo en coñecemento do centro os feitos. Tras celebrar un consello escolar de urxencia decidiron expulsar do centro ós alumnos implicados directamente e durante uns días ós que aparecían ovacionando a pelexa. Dende a asociación de pais amosaron a súa preocupación e solicitaron que se tomen medidas exemplares. O director do centro non quixo facer máis declaracións ó respecto e comentou que o caso está en mans da administración.

    Redacción Salnés