Arrancan as primeiras catas da Festa do Tinto do Salnés

    catas_tinto100.jpgRIBADUMIA> Uns 300 colleiteiros participarán a partir da vindeira semana nas catas da Festa do Viño Tinto do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/catas_tinto.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Uns 300 colleiteiros participarán a partir da vindeira semana nas catas da Festa do Viño Tinto do Salnés. Desenvolveranse por parroquias e a primeira terá lugar o martes que vén en Cobas, Meaño, no Loureiro Pombo, ás dez da noite.

    As normas seguen a ser as mesmas que en anos anteriores, é dicir, han de presentarse seis botellas tipo bordalesa para as catas preliminares os días das propias catas. O xurado atenderá, ademais de ó sabor, á cor e ó olor dos caldos. As catas do viño tinto tipo Barrantes continuarán o sábado, día 15 en San Martiño de Meis, Besomaño, Leiro, Ribadumia e Baión. O día 22 faranse nas parroquias de Sisán-Castrelos, Padrenda, Lois, Barrantes e Vilariño.

    En canto á categoría de viños autóctonos as primeiras cribas faranse os días 27 e 28 de maio no Centro Social de Barrantes. Os participantes dispoñen ata este xoves, para presentar seis botellas no establecemento Comercial Agrícola Piris, en Ribadumia, para envialas a analizar ó Centro Enolóxico de Leiro.

    Na pasada edición da festa participaron preto de 200 viños tipo Barrantes, gañando Manuel Núñez, de Leiro. Mentres que en viños autóctonos concorreron 30 caldos e o gañador foi Jacobo Otero, tamén de Leiro.

    Redacción Salnés