MEIS> Meusviños, as xornadas vitivinícolas de Meis, seguen medrando. A sexta edición desta cita gaña unha xornada máis, arrancando xa o xoves 16 de outubro cunha cata profesional. O evento prolongarase ata o domingo 19 reunindo 14 adegas nas casteas instaladas no Mosteiro. Ademais, a vila aproveitará o evento para irmandarse co concello asturiano de Cangas de Narcea, incluíndo unha cata maridaxe dos viños da DOP Cangas.
Meusviños segue medrando. A sexta edición destas xornadas vitivinícolas que organiza o concello de Meis acadan este ano as catro xornadas, arrancando xa o xoves 16 e prolongándose ata o domingo 19. O primeiro día estará dedicado a profesionais do sector.
E a partir do venres, O Mosteiro converterase no quilómetro cero da exaltación vitivinícola, coa apertura das casetas. Este ano participan 14 adegas, unha máis. O presidente de Martín Códax será o encargado de dar o pistoletazo de saída co pregón.
O sábado, día importante en Meis, co irmandamento co Concello de Cangas de Narcea, que inclúe unha maridaxe de viños da súa DOP.
Tamén ese día, participará por primeira vez nas xornadas a Confraría do Viño de Rías Baixas, que aproveitará para nomear confrades chegados de Cangas de Narcea.
Xa o sábado pola tarde, haberá un showcooking co chef Alex Laíño, xunto cunha cata de Adegas Escudeiro.
E todo isto, como sempre, con distintas propostas musicais. Este ano no cartel Somoza Trío, Los lunes al sol e Rock & Prol.











