O pleno de Vilagarcía apoia as demandas de reforzos para o alumnado con necesidades especiais do CEIP Vilaxoán

VILAGARCÍA> Vilagarcía apoia por unanimidade as demandas da comunidade educativa do colexio de Vilaxoán. No pleno de onte, a corporación comprometeuse a reclamar á Xunta a incorporación dun experto en Pedagoxía Terapéutica e un coidador. Persoal que consideran necesario para que o alumnado reciba a atención que precisa, tendo en conta que o centro conta cun 31% de nenos con necesidades especiais.

Un experto en Pedagoxía Terapéutica e un coidador, son os dous profesionais que reclama a comunidade educativa do colexio Vilaxoán para o centro. Onte trasladaron a súa demanda ao pleno de Vilagarcía, facendo fincapé en que na actualidade un 31% do seu alumnado ten necesidades especiais.

Así conseguiron o apoio unánime da corporación, que asumiu o compromiso de reclamar ante a Xunta a incorporación destes profesionais ao centro vilagarciáns.

Tamén por unanimidade saíu adiante unha moción de Esquerda Unida na que se pedía que a Xunta incremente os medios para axilizar as valoracións de discapacidade. Púxolle voz José Carlos Casal, un veciño que agarda dende o 27 de maio por esa valoración.

Neste caso, o PP fixo un engadido á moción inicial: que tamén se reclame ao Goberno central que cumpra os seus compromisos nesta materia coas comunidades autónomas.