Piden 930.000 euros de indemnización por paralizar as obras en Dorrón

    chales_dorron_copia100.jpgSANXENXO> Os promotores dos chalés construídos a do cemiterio esixen 930.000 euros ó concello por paralizar as obras. Esta cantidade pode aumentar despois de que se evalúen os danos que se poidan determinar no seu momento.

    {flowplayer}images/salnes/CHALES_DORRON.flv{/flowplayer}

    Os promotores das catro vivendas solicitan a indemnización por outorgarlle licenza de obra e logo ordenar a paralización dos traballos. A construtora Ferro Messego desglosa os 930.000 euros entre obras xa executadas, valor do terreo, demolición de vivendas e redacción do proxecto e dirección. A demanda da empresa Ferro foi revelada polo PSOE de Sanxenxo. A súa voceira, Dulcinea Aguín asegura que o concello cometeu un erro ó conceder a licenza mentres se levaban a cabo as obras do cemiterio.

    A socialista destaca que dende 1999 xa se coñecía que non se ía a ampliar o cemiterio senón que o proxecto ía licitado como un novo. Aguín afirma que o concello coñecía a normativa xa que se incluía nos informes técnicos, aínda así concedeuse a licenza.

     Este erro, provocou que os veciños non puideran utilizar o cemiterio porque se estaban levantando edificacións arredor do mesmo.

     Dende o PSOE recoñecen que dende o principio interesáronse por saber se a construción do cemiterio e das vivendas tan preto uns de outros ía ocasionar problemas. Catalina González contestou que todo estaba en regra.

    A construtora Ferro Messego realiza a reclamación meses despois de que o concello abrira un expediente sancionador contra a promotora por non axustarse ás licencias concedidas. Dende a casa consistorial alegouse que a construtora non edificou as vivendas de luxo nos emprazamentos indicados.

    Redacción Salnés