![]()
RIBADUMIA> A alcaldesa Salomé Peña, fixo entrega dos diplomas ás alumnas que participaron no curso de Atención a persoas Dependentes.
{flowplayer}images/salnes/diplomas_ribadumia_260510.flv{/flowplayer}
15 alumnas obtiveron o certificado de cualificación para desenvolver esta tarefa, e moitas, xa están traballando.
A finais do pasado ano remataba o curso de Atención a persoas Dependentes que o Concello de Ribadumia puxo en marcha por terceira vez. 15 persoas, todas mulleres, participaron neste curso no Centro Social de Barrantes e esta mañá, recollían os seus diplomas acreditativos, de mans da Alcaldesa de Ribadumia.
O Concello está moi sensibilizado ca situación de desemprego, por iso puxo en marcha este curso, que outorgaba unha formación adecuada para traballar nun sector en crecemento.
O Concello contou ca participación da Consellería de Igualdade da Xunta, para levar a cabo o curso, de case 300 horas.
E hoxe, na entrega de diplomas, non estaban todas as que eran. O sector da atención a persoas dependentes, ten moita demanda e algunhas das que obtiveron o diploma neste curso, xa están traballando. Concretamente, un 70% das participantes.
Dende o Concello seguirán apostando por este tipo de cursiños, pois unha boa formación segue a ser primordial á hora de acadar un posto de traballo.
Redacción Salnés.









