Borussia Dortmund e FC Barcelona estarán na AF7

SALNÉS> O Comité organizador da Arousa Futbol 7 ven de dar a coñecer os nomes dos últimos dous conxuntos que van participar na edición deste ano. Serán o Borussia Dortmund e o Futbol Club Barcelona. Estes dous equipos daranlle aínda máis brillo a unha edición que promete ser espectacular.

Faltan tan só trece días para que bote a andar a Arousa Futbol 7 deste ano. Vaino facer  coa previa. Oitenta equipos loitarán por catro prazas na fase final de maio na que tamén estarán Borussia Dortmund e Futbol Club Barcelona, que onte á noite deron o sí definitivo e completarán o cartel deste ano.

Que o conxunto catalán volva a participar no torneo é un gran aliciente. Pese a que xa estiveron presentes Lomba en catro ocasións, nunca foron quen de levarse o trofeo. Por Vilagarcía pasaron futbolistas como Thiago Alcántara, Bojan Krkic, Fran Mérida ou Jordi Alba, xogadores todos de Primeira División. A día de hoxe, falar do Barça, é falar probablemente da mellor canteira do futbol mundial.

En canto ó cadro alemán, xa deixou unha moi boa imaxe na súa única participación, en 2008, cando rematou séptimo entre 24 equipos e gañou o trofeo á deportividade. O equipo alevín do líder da Bundesliga promete dar espectáculo, cun xogo atractivo e de corte ofensivo.

Borussia e Barça únense por tanto a Real Madrid, Inter de Milán, Liverpool, Valencia, Cerezo Osaka ou Atlético de Madrid como participantes neste 2011.

Entre o 21 e o 24 de abril loitarán por un lugar entre os mellores varios equipos do Salnés como o Catoira, a Escola de Futbol de Vilanova, Ribadumia, Unión Grove, Cambados, Portonovo, Caldas, Vilagarcía ou a selección Arousa Futbol 7.

Redacción Salnés