Gonzalo Durán anuncia novas infraestruturas

    investimentos_vilanova100.jpgVILANOVA> O Concello mellorará a Casa da Cultura, ampliará un parque infantil e fará 3 novos. Amais, as obras da piscina poderán comezar nun par de meses.

    {flowplayer}images/salnes/investimentos_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Anciáns e cativos son prioritarios para o Concello de Vilanova, nas actuacións previstas a corto prazo.

    A Casa de Cultura do Esteiro mellorará considerablemente os seus servizos. Por exemplo terá novo cerramento, impermeabilización térmica e para auga, con financiamento da Consellería de Presidencia.

    Os usuarios das zonas de xogo dispoñen xa de doce parques nas seis parroquias da vila. Faranse tres máis, aprobados xa pola Deputación provincial. Un deles, o do lado do club de xubilados, converterase nunha atractiva zona remodelada e ampliada, con capacidade para corenta e cinco rapaces. Custará case 98.000 mil euros e o Concello, pedirá subvención.

    Neste reconto de actuacións, o alcalde tamén destacou os bos resultados que dou a construción da segunda pista no pavillón de deportes. Ao ser exterior, puxéronlle alumeado nocturno para un maior aproveitamento. Moi satisfeito coas obras máis recentes e as próximas, Gonzalo Durán quixo lembrar que a materia pendente é o centro de talasoterapia, pero que vai dando os seus pasos.

    Tamén falou da piscina. O rexedor destacou que será totalmente nova na comarca, moi moderna e combinará ocio e terapia.

    Redacción Salnés