RIBADUMIA> Dez vivendas foron adxudicadas en réxime de alugueiro, que roldará os cen euros, e as outras cinco en réxime de compra venta.
{flowplayer}images/salnes/ENTREGA_CHAVES_PISOS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
Despois de tres anos, as quince familias de Ribadumia que conseguiron unha vivenda de Promoción Pública puideron acceder ós seus fogares este mesmo mediodía. A alcaldesa do municipio e o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, foron os encargados de entregarlles as chaves. De seguido, autoridades e adxudicatarios visitaron estes pisos nos que se investiron máis dun millón e medio de euros.
Oitos das vivendas contan con tres dormitorios, catro con catro habitacións e as tres restantes dispoñen de dous dormitorios. Con respecto ó sistema de adxudicación, dez foron en réxime de alugueiro que roldará os cen euros e as outras cinco en réxime de compra- venta por un importe de entre corenta e cincuenta mil euros.
O Conselleiro quixo destacar que esta actuación responde ás políticas da Xunta para facilitar ós galegos o acceso a unha vivenda.
Neste contexto, Hernández aproveitou a ocasión para destacar que están a estudar a modificación da Lei de Vivenda para mobilizar o sector inmobiliario.
As vivendas que hoxe entregaron son as primeiras de promoción pública que contan con sistema de xeotermia para a produción de calefacción e auga quente sanitaria.
Redacción Salnés