Balance positivo na Xunta Local de Seguridade de Cambados

    xunta_seg_cambados100.jpgCAMBADOS> A Xunta Local de Seguridade arroxa resultados moi positivos tanto en violencia de xénero coma en seguridade viaria e cidadá.

    {flowplayer}images/salnes/xunta_seguridade_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A eficacia policial de Cambados está por riba da media do estado en dezaoito puntos e fai tres meses que funciona a Mesa multidisciplinar onde se analizan os datos sobre a violencia de xénero. Estes factores poñen de manifesto os datos, positivos, segundo o subdelegado do goberno e o alcalde, que extraeron da Xunta Local de Seguridade.

    Chama a atención que oito das 23 denuncias de 2009, foron feitas por mulleres de 18 a 24 anos. En materia de Seguridade viaria, o concello de Cambados é pioneiro no uso dos novos boletíns de denuncia, adaptados á reforma da lei de tráfico. En Seguridade Cidadá resaltan a excelente coordinación entre policía municipal e garda civil.

    O cómputo de delitos contra o patrimonio está 5 puntos por baixo da media estatal e un por riba da media provincial. Alcalde e subdelegado quixeron resaltar o aumento de denuncias en violencia de xénero, dato moi positivo, tendo en conta que a nivel nacional xa contamos trinta e dúas vítimas das que tan só cinto tiñan denunciado ao seu agresor.

    Redacción Salnés