CATOIRA> Vivir o presente e dedicar tempo para as cousas que máis che gusten. Ese é o consello que nos deixa Francisco Rábano ao seu paso polas Rías Baixas. Trátase dun extraballador de Silicon Valley que decidiu cambiar de estilo de vida e dende hai máis dun ano percorre toda a costa da península ibérica.
Seu nome é Francisco Rábano e estes días percorre a pé as Rías Baixas, pero o seu camiño comezou hai máis dun ano. Este extraballador de Silicon Valley decidiu cambiar de estilo de vida e percorrer toda a costa da península. Tomou esta decisión tras chegar aos 120 quilos e sufrir tres problemas de saúde por culpa do estrés.
Francisco partiu de Port Bou en Cataluña, chegou aos 4 mil quilómetros en Vilagarcía e continuará ata completar máis de 5500 nos País Vasco. A pesar de emprender esta aventura, continúa co seu traballo, xa que teletraballa a través de internet e colabora con plataformas como Linkedin. No seu percorrido tamén visita empresa comprometidas co medio ambiente.
Dos seus máis de 4 mil quilómetros, Francisco quédase coa calma que lle aporta a súa aventura e coa xente que coñeceu.
Trala súa experiencia e persoal e mentres continúa coa súa aventura, o seu consello é que a xente se calme e busque a maneira de gozar da súa vida sen que sexa necesario abandonar o traballo.
Francisco tampouco ponse retos tras este percorrido, sinala que unha das cousas que lle aprendeu esta viaxe é a vivir o presente.