O Concello derribará un chalé ilegal en Raeiros

    chale_raeiros100.jpgO GROVE> O Concello do Grove derribará nuns meses un chalé construído en Raeiros, detrás da polémica urbanización.

    {flowplayer}images/salnes/cacabelos_urbanismo.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O Concello do Grove derribará nuns meses un chalé construído en Raeiros, detrás da polémica urbanización.

    Deste xeito acátase unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que, considera ilegal a licenza de construción que se lle outorgou no seu día. O goberno local está á espera de que os xulgados lle aproben o proxecto de derribo para demoler o chalé.

    Segundo explicou o rexedor, a licenza de construción foille concedida ó promotor da obra no segundo mandato municipal do PP. Unha época na que non estaban moi claros os límites legais do urbanismo municipal. Polas normas subsidiarias, na zona onde se fixo o chalé non se podía construír en parcelas inferiores ós 600 metros cadrados e a desta vivenda é de 300 metros.

    Cacabelos advirte que o problema para o Concello pode ser moito máis grave. A máis de carecer de medios para unha demolición, a administración local podería atoparse cunha solicitude de indemnización por parte do promotor.

    En canto á urbanización de Raeiros, o tripartito espera que, a finais de xuño ou principios de xullo, se derriben os 52 chalés. O alcalde considera que debe ser a Xunta quen vele porque se cumpra a orde da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

    Redacción Salnés