Varias vivendas non poden acceder ó saneamento de Gorgullón

    touris_caldas_copia100.jpgCALDAS> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou as obras de mellora de saneamento no Gorgullón, en Caldas de Reis. José Manuel Cores Tourís asegurou que se ten que facer melloras xa que varias vivendas quedan sen servizo.

    {flowplayer}images/salnes/SANEAMENTO_CARRACEDO.flv{/flowplayer}

    O delegado territorial acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente comprobaron o resultado das obras de saneamento no lugar de Gorgullón, en Carracedo. Despois de percorrer o trazado onde se canalizou o servizo as conclusións non eran boas. As melloras, non deran o resultado esperado: varias casas non poden acceder ó servizo de saneamento.

    O deputado Jesús Goldar, sinalou que os veciños xa se queixaran en numerosas ocasións de que as obras estaban inacabadas xa que o acceso era imposible. Goldar solicitou ó delegado territorial da Xunta que se invista máis para asegurar o servizo.

    José Manuel Cores Tourís asegurou que se porá mans á obra para que se subsanen os erros o antes posible. Deste xeito, a xefatura territorial de Medio Ambiente porase en contacto co Concello para modificar o proxecto.

    As obras de saneamento da zona tiñan un investimento de preto de 80.000 euros e levouse a cabo nun trazado de 400 metros.

    Redacción Salnés