CAMBADOS> Atraco nunha sucursal de Abanca en Cambados. Foi na oficina de Corvillón, a primeira hora desta mañá.
O atracador levou en total 60.000 euros da caixa forte e o caixeiro. O home, segundo relatou o único traballador que había contra as 8 da mañá na oficina, estaba xa alí agardando.
Cando o empregado se dispoñía a abri-la porta, o atracador abordouno cunha pistola que se descoñece se era real ou simulada.Obrigoulle a darlle os cartos e atouno de pés e mans con cinta americana e unhas bridas. O empregado finalmente conseguiu desatarse e dar aviso á central de alarma.
A oficina permaneceu pechada durante toda a xornada.












