EMGROBES entregou os seus galardóns anuais

    foto_touris_obras_barosa copia100.jpgO GROVE> Emgrobes celebrou onte a súa tradicional Cea Baile na que entregaron os premios Grove de ouro e de prata.

     {flowplayer}images/salnes/gala_grove_ouro.flv{/flowplayer} 

    Personalidades e políticos da vila e representantes provinciais, asistiron á gala na que premiaron a Caixanova e a Fernando Sanmartín, da cafetería Dominguez.

    Tras catro anos celebrando a gala de entrega de Groves de Ouro e Prata, cunha cea-baile, da cita é xa tradición ho Hotel da Toxa. Emgrobes fixo entrega do seu máximo galardón á Escola de Negocios Caixanova, por pioneira e por mais de vinte anos de vida.

    O grove de prata entregóuselle a Fernando Sanmartín, xerente da cafetería Domínguez, emblemática da vila.

    O presidente da Deputación provincial destacou a importancia dos premios como estímulo para os empresarios, sobre todo, dixo, a xente nova. Tamén lembrou que, en tempos de tormenta, é fundamental o alento das entidades financeiras, así como o das institucións.

    Cambio, liderazgo, tesón e constancia son, segundo o alcalde do Grove, as características que definen aos empresarios e empresarias grovenses. O Concello é líder en turismo e hostalería, por exemplo, por encima de Pontevedra e Galicia.

    Cacabelos aproveitou para destacar que os dous galardoados nesta edición, tamén cumpren estas condicións.

    Redacción Salnés