A seguridade en Vilanova enfrenta ao alcalde e ao subdelegado do Goberno

    xunta_seguridade_vilanova100.jpgVILANOVA> A Xunta Local de Seguridade prevista para o venres, non se chegou a celebrar. O subdelegado do Goberno declinou a invitación do alcalde…

    …e, no seu lugar, convocou unha Mesa de Coordinación Policial, para tratar o tema da vaga de roubos en varias empresas do municipio. O alcalde de Vilanova está indignado coa actuación do subdelegado a quen acusou de ser un covarde.

    Gonzalo Durán convocou a Xunta local de seguridade en Vilanova para esixir ao subdelegado do Goberno, máis presenza da Garda Civil nesta demarcación. Na actualidade, non hai patrullas da Policía Local durante as noites, o que obriga a incrementar a colaboración doutros corpos de seguridade.

    O subdelegado do Goberno declinou a invitación do edil de Vilanova. Delfín Fernández remitiu un escrito ao concello no que derivaba o tema á Mesa de Coordinación Policial que se reúne, mensualmente, e na que participan o xefe da Policía Local do municipio e o xefe da comandancia da Garda Civil, na zona. Esta Mesa de Coordinación Policial celebrouse este venres, coa intención de darlle unha solución á vaga de roubos que veñen padecendo os comerciantes

    PENDENTES DA DETENCIÓN DO SOSPEITOSO 

    Dende o concello aseguran que xa está identificado o culpable destes roubos. Polo de agora non se practicou a súa detención, que é competencia da Garda Civil, porque o sospeitosos reside fora da demarcación municipal. Segundo afirmou hoxe o primeiro edil de Vilanova.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/060309_duran_por_roubos.flv{/flowplayer}